Veño dunha familia onde a construcción foi a forma de vida, e o cariño pola profesión do que constrúe coas suas mans non mermou co paso dos anos, ó contrario. A miña derivación hacia ó interiorismo, non impediu poñer sempre en valor a arquitectura envolvente do espazo e a búsqueda da artesanía do albanel, e demáis maestros artesáns da construcción.
Escoitar ó cliente e indagar nas súas preferencias e as funcionalidades que espera do espazo a intervir, son os cimentos sobre os que comezar o proxecto. A partires de aquí, levántase a estructura, que, dependendo de se é obra nova ou reforma, terá localizados os seus pilares, ou ben na estética estudiada acorde á personalidade, produto ou servizo ó que irá destinado, ou ben a posta en valor dos elementos existentes no espazo, xa sexan constructivos ou pezas de mobiliario, cando se trate de dar unha segunda vida.
A búsqueda de luz e materiais respetuosos con entorno terminarán de estructurar o proxecto.
Os resultados son personalizados para cada proxecto, realzando a esencia co cliente queira transmitir e dotándoo da funcionalidade requerida.
Falamos sobre onde e cómo queres vivir e buscamos o estilo co que te sintas ben a gusto
deseño
de interiores
Falamos sobre qué queres vender e a quen, e a partir de aí traballamos a proposta para captar a es@s client@s
interiorismo
comercial
Falamos para saber quén queres que fite diante do teu escaparate e engadiremos o que fará que non o esqueza
escaparatismo
Falamos do evento que queres e axustamos tempos e recursos para facer del unha ocasión para lembrar.
arquitectura
efémera
¿Falamos?
- 607 411 397
- Envía un Whatsapp
- dena.dinteriores@gmail.com